38
Esta semana pechouse o acordo de renovación entre Fernando Buendía e a Escola Basket Xiria, para seguir traballando xuntos de cara a vindeira tempada en Liga EBA e dar continuidade o proxecto empezado fai xa 3 anos. Durante estes días completarase o “Staff” técnico do Calvo Basquet Xiria, así como as renovacións e fichaxes ata completar a plantilla.
É notoria a súa vocación pola formación de mozos xogadores, e foi un habitual colaborador nos últimos anos da Federación Galega, sendo seleccionador galego durante cinco tempadas onde coincidiu con varios xogadores de Xiria (Jorge Guillamet, Pablo Moreira, Jonathan Barreiro).