Fernando Castro presenta este venres en Corcubión o libro “Pallaso”

1 minutes read

A Capela do Pilar, en Corcubión acolle este venres 15 de outubro, ás 20.00 horas, a presentación do libro de teatro “Pallaso”, obra gañadora do Premio de Teatro “Varela Buxán”, publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Pedro Sancho. O acto incluirá a lectura dramatizada dunha das escenas da obra por parte das actrices Elisa Lema, Andrea Rodríguez e Lucía Senra, de Farándula Velutina.

Polas circunstancias covid, o acto estará condicionado polas medidas necesarias para que se fagan respectar as distancias de seguridade, sendo obrigatorio o uso de máscara.

Fernando Castro Paredes (Tapia de Casariego -Asturias-, 1975) é licenciado en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade exerce coma profesor de ensino secundario no I.E.S. Fernando Blanco de Cee (A Coruña). Traballa no eido do teatro escolar e afeccionado, sendo un dos coordinadores da agrupación escolar Tuéjele Teatro e membro do grupo Farándula Velutina, cos que desenvolve actividades por toda a xeografía galega. É autor dos poemarios Caderno de don(i)celas, Coma se nada sucedese e Excrementos (todos eles accésits do Premio Francisco Añón de Poesía); do relato O espacio exterior (Premio de Narrativa Historias Na Universidade) e das pezas teatrais No ventre da balea (accésit do Premio Jenaro Marinhas del Valle), A derradeira bala (Premio Roberto Vidal Bolaño), Amorodo agre (Premio Rafael Dieste), Ofelia ou o cabeiro da cóbrega (Premio Nova Dramaturxia Galega Actual), Papiroflexia e Animais de compañía.