- No campionato participaron 47 deportistas e repartíronse 1000 euros en premios.
- O torneo foi a primeira proba do VI Circuito Intercomarcal de Xadrez Deputación da Coruña.
A segunda edición do torneo de xadrez Concello de Camariñas, que se celebrou do 1 ao 3 de xullo, rematou con Fernando Chao, do Club Smyslov de Sada, como campión absoluto nun evento no que participaron outros 46 xogadores chegados de Lugo, Ourense, Malpica, Viveiro ou Viscaia.
O evento, no que se repartiron 1000 euros en premios ademais dos trofeos, foi a primeira proba do VI Circuito Intercomarcal de Xadrez Deputación da Coruña neste 2022. O campionato serviu tamén como colofón ao campamento de verán do Club Xadrez Arteixo, que contou coa colaboración co Xadrez Náutico de Camariñas, no que participaron 21 nenos e nenas.
En segundo lugar, e por mellor desempate, quedou Santiago Mougan do Lucena de Vigo seguido por José Fernández do Sigrás, Breixo Longueira da EX Compostela e David Cernadas do Marquiño. Todos con 4 puntos.
Nas categorías inferiores quedaron primeiros Mateo Pena de Mos (sub-16), Ibai Garigorta de Sestao (sub-14), Daniel Méndez de Arteixo (sub-12), Unai Casares de Ames (sub-10) e Denys Demidov do Smyslov (sub-8). Os mellores clasificados locais foron, por esta orden: Antón Vigo, Alberto Luaces e Aitor Carril.
A vindeira proba do circuito terá lugar o 31 de xullo en Cerceda. A alcaldesa, Sandra Ínsua, subliñou o éxito de participación no torneo e remarcou a aposta do concello por este deporte.