Fernando Simón avoga por non facer obrigatoria a vacina nin o certificado covid

1 minutes read

O director do Centro de Coordinación, Alertas e Emerxencias, Fernando Simón, considerou que non é necesario impoñer a vacinación obrigatoria para ningún colectivo en España, como piden varias comunidades, e tampouco considera adecuado que se estableza a esixencia de presentar un certificado COVID para permitir a mobilidade ou acceder a determinados lugares. Respecto ao certificado COVID que se expón nalgúns países da contorna, ou mesmo en Andalucía (onde o Tribunal Superior de Xustiza andaluz denegou impoñelo para o lecer nocturno) estimou que «impoñer obrigacións cando non son necesarias non é un bo paso». En España, engadiu, a cidadanía entendeu que a vacina, ademais de protexer a título individual, «axuda a que a sociedade salga deste problema tan gordo».