Fernando Vázquez e Moncho Fernández, protagonistas dunha charla virtual

0 minutes read

Os santiagueses Fernando Vázquez e Moncho Fernández, adestradores do RC Deportivo e Monbus Obradoiro, respectivamente, iniciaron as Conversacións Estrella Galicia que a firma ideou para amenizar esta confinamento e poñer sobre a mesa opinións diversas sobre o momento que atravesa o planeta. Conducidos polo xornalista Raúl Villares, durante hora e media ambos coincidiron na alarmante posición en que colocou esta pandemia á xente de máis idade, no labor prioritario dos mestres , foron escépticos á hora de crer se a onda de solidariedade actual terá continuidade cando todo pase e analizaron o seu propio traballo.