Fernando Vázquez foi destituído como adestrador do Deportivo

0 minutes read

Así o anunciou o club branquiazul este luns nunha nota de prensa na que tamén confirma que deixa o club o resto do corpo técnico. Vázquez dirixiu este luns pola mañá en Abegondo a súa última sesión de adestramento. O técnico vese cesado despois de sumar a súa segunda derrota consecutiva en liga. Nin manter aínda intactas as opcións de ascenso, nin as numerosas baixas coas que o equipo viaxou a Zamora serviron como atenuante para que Fernando Vidal e o seu Consello tomase a decisión de prescindir del.