Fernando Vázquez “o salvador” regresa ao Deportivo


Fernando Vidal aférrase novamente a Fernando Vázquez para unha nova milagre. A primeira foi a dun ascenso imprevisto. Esta, a dunha heroica permanencia. Fernando Vázquez comeza dirixindo o primeiro adestramento do Dépor despois da parada de Nadal. Vai ser a súa segunda etapa no Deportivo. Hai 5 anos conseguira o ascenso á Primeira cun terzo de xogadores do Fabril. Vázquez chama á porta coa filosofía do “si se pode”.

Na súa primeira época tamén chegou nunha situación dramática. Co equipo afundido na táboa en Primeira División, Vázquez revitalizou ao grupo e estivo preto de salvalo. Chegou con opcións á última xornada, pero perdeu en Riazor ante unha Real Sociedade que se xogaba entrar na liga de Campións. Con todo, á tempada seguinte o Dépor de Vázquez conseguiu volver á máxima categoría.