Fernando Vázquez reivindica en Vimianzo a súa figura como adestrador

dpm.

Fernando Vázquez participou este luns en Vimianzo nunha charla xunto co presidente do Deportivo, Fernando Vidal, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.

Na súa intervención reivindicou a súa figura como adestrador, a súa trayectoria e asegurou que non é unha “rede de seguridade” para os xogadores.

Vázquez confesa que tamén sempre pensou en volver ao Deportivo, ao fútbol de elite. E non ocultou a súa contrariedade pola desmemoria cando se fala da súa traxectoria.

Os seis triunfos consecutivos de Fernando Vázquez desque chegou ao Dépor teñen tamén a súa intrahistoria futbolística, de concepto. Traballo mental, diagnóstico da realidade e prioridades ben definidas.

A gusto sempre falando de fútbol, Fernando Vázquez segue construíndo a golpe de resultados a súa imaxe de talismán para o fútbol galego.