O adestrador das Escolas Balonmán Xiria, Fernando Vázquez Quinteiro, ven de ser designado como adestrador da Seleción Galega Xuvenil Masculina.
Fernando, actualmente adestrador do senior feminino Goldie Xiria Carballo Turismo e do cadete femenino Grupo Lemaco Xiria, compaxinará nos vindeiros meses ca selección xuvenil, cos ollos postos no Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) que terá lugar en Cantabria no mes de xaneiro de 2020, nas localidades de Santander, Torrelavega, Camargo e Polanco.
Fernando Vázquez terá como segundo a Jorge Villamarín (Cisne) e de delegado a Iago Garrido, do ED Poio.