Fernando Vidal xa é novo presidente do Deportivo

Fernando Vidal chega ao Deportivo despois de asinar un crédito participativo coa entidade financeira Abanca, que supuxo o rescate do club e que permitirá fichar neste mercado de inverno.
Fernando Vidal prometeu que non vai deixar «morrer» ao Deportivo e asegurou o seu proxecto non era «unha opción, senón unha necesidade».

No discurso presidencial, comprometeuse a «traballar con humildade e honradez firme co obxectivo sacar ao Deportivo de penumbras e tebras». «Non veño falar do pasado, co corazón veño falar do presente e futuro do Dépor que construiremos xuntos remando na mesma dirección», asegurou.  Ademais, prometeu que apostará polo «fútbol feminino» e dixo que quere «dar un envorco á canteira», aínda que pediu paciencia co fútbol base.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha