Ferrol | Aberto o prazo para presentar solicitudes á segunda convocatoria do PAME

Ferrol_Página web

  • Os interesados deben presentar a documentación por medios telemáticos antes das 23.59 horas do próximo 9 de outubro

Os veciños de Ferrol poden volver presentar as solicitudes para participar na segunda convocatoria das axudas PAME Ferrol, o Plan de Mellora para a Empregabilidade deseñado polo Concello a través da concellería de Emprego e Promoción Económica.

“Trátase dun novo paquete de medidas que busca outorgar liquidez ás empresas de Ferrol e contribuír a manter a actividade e o emprego na nosa cidade, amortizar a redución drástica de ingresos nos últimos meses e facilitar o cumprimento das súas obrigacións empresariais”, sinalou a tenente de alcalde, María Teresa Deus.

O Concello de Ferrol ingresou as axudas da primeira convocatoria, arredor de 1,7 millóns de euros entre 1.155 beneficiarios; e esta segunda conta cun orzamento que ascende a 297.610 euros. O prazo para presentar a documentación para esta segunda convocatoria remata ás 23.59 horas do próximo 9 de outubro.

Máis información aquí.