Ferrol amplía as quendas para visitar a Fábrica de Papá Noel

Desde este luns, 21 de decembro, xa pode facerse en Ferrol a reserva, de balde, para as oito novas sesións repartidas entre as mañás do mércores e do xoves a través da web cidadedonadal.org. O alcalde, Ángel Mato, e os concelleiros de Cultura, Antonio Golpe, e de Promoción Económica, María Teresa Deus, visitaron a carpa de Praza de Armas, aberta ata o día 24 de decembro. O Mercado de Nadal abrirá tamén pola mañá, polo que o seu horario será de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas ata o día 5 de xaneiro incluído.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha