Ferrol celebra unha das súas festas máis importantes: A noite das Pepitas


O 18 de marzo celébrase en Ferrol un ano máis unha tradición centenaria: a Festa das Pepitas, unha noite de rolda e de música, na que as rondallas de Ferrol e comarcas volverán cantar ás mulleres na véspera do día de San Xosé. A celebración está declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2013.

Os actos comezarán ás 16.30 horas no Teatro Jofre, cando a corporación municipal de Ferrol presidida polo alcalde Jorge Suárez, reciba á representación da corporación municipal de Mondoñedo.

ACTO INSTITUCIONAL

A partir das 17 horas comezará o acto no Teatro Jofre. Alí tras a entrega de agasallos institucionais entre os alcaldes, as palabras dos mesmos, farase a habitual homenaxe ás madriñas das rondallas e entregaranse tamén as distincións deste ano 2019.

O acto finalizará cunha actuación da Rondalla Sonidos del Alba.

ROLDA POLAS RÚAS

Tras o acto as rondallas sairán desde o Cantón para dirixirse á Praza de Amboage e farán parada en balcóns e entidades culturais e sociais da cidade para inunadar as rúas de Ferrol de música.

FESTIVAL AMBOAGE

A partir das 20 horas e baixo carpa, comezará o habitual festival na Praza de Amboage, alí as diferentes formacións, un total de oito, iranse subindo ao escenario para interpretar un total de tres cancións: un pasarúas, un vals e unha danza tal e como manda a tradición. A formación convidada nesta ocasión é a Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos Troyanos de Compostela.


Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos Troyanos de Compostela.

Cartel anunciador da “Noite das Pepitas”.