Ferrol | Entran a roubar na ermida de Chamorro

1 minutes read

En Ferrol, a ermida de Chamorro volve ser obxectivo dos ladróns. Despois de que hai menos dun ano roubaran as xoias da Virxe da Nosa Señora do Nordés; na noite do mércores, os delincuentes asaltaron o templo. Os autores do roubo causaron máis estragos que o botín adquirido, pois só puideron levar uns 50 euros.

A persoa encargada do coidado da ermida decatouse na mañá seguinte de que a porta de entrada estaba forzada e a pechadura rota. Chamou a policía para denunciar e á tarde a Científica xa estaba a recoller mostras que axuden a esclarecer o roubo.

Sospeitan que os autores viñan polas recadacións acadadas este luns de Pascua, pois celebraron aquí a súa tradicional romaría. Con todo, tan só puideron levar entre 40 e 50 euros da venda de candeas. Lamentaron, eso si, que os estragos causados para entrar en portas e boetas, foron maiores o botín.

Á espera dos resultados das mostras recollidas, a Policía Nacional mantén aberta a investigación.