O alcalde, Ángel Mato, asistiu á recepción do novo vehículo que o Concello de Ferrol vén de incorporar ao parque móbil do corpo de Bombeiros da cidade, unha autoescada para o servizo de extinción de incendios cuxo importe ascende a 248.050 euros. O rexedor estivo acompañado polo concelleiro de Seguridade e Tráfico, Germán Costoya.
O novo vehículo servirá para tarefas de salvamento e extinción de incendios nun rango de alturas de ao menos 30 metros. A escada, montada sobre unha base xiratoria, está dotada de varios tramos despregabres mediante accionamento hidráulico. No seu extremo dispón dunha cesta desmontable apta para ata tres persoas.
Segundo as condicións do contrato, a empresa adxudicataria deberá formar ao persoal do servizo municipal de extinción de incendios na correcta utilización e mantemento do camión e os seus equipos durante ao menos cinco xornadas teóricoprácticas e subministrará os repostos necesarios ao longo dun mínimo de cinco anos.
40