A concelleira de Promoción Económica, María Teresa Deus, presentou a Fashion Weekend, que terá lugar este venres pola tarde e o sábado pola mañá en horario comercial con descontos de ata o 30 % en produtos de nova temporada. A edil estivo acompañada polo presidente de Centro Comercial Aberto Ferrol-A Magdalena, Cristóbal García Nores, e a vicepresidenta, Paula Ramos.
Deus explicou que o evento forma parte dos proxectos de dinamización do comercio local postos en marcha pola entidade no marco das subvencións ofertadas polo Concello de Ferrol a través do programa municipal ‘Ferrol Cidade Viva’, un plan deseñado pola concellería de Promoción Económica co fin de potenciar e dinamizar o comercio e a hostalería local. Nesta ocasión, e co fin de evitar aglomeracións, o evento celebrarase ao longo de dúas xornadas.
48