Ferrol | Iniciouse a renovación do parque infantil de Praza Vella

1 minutes read

O Concello de Ferrol continúa apostando pola mellora e posta a punto dos parques infantís da cidade co recente inicio da renovación integral do de Praza Vella, no barrio de Ferrol Vello, unha intervención á que a Administración local vai destinar preto de 40.000 euros. A renovación do parque inclúe a instalación de cinco novos xogos e a reparación de dous dos actuais: o balancín e os bambáns. Neste último substituirase un dos asentos por outro inclusivo.

As novas pezas, todas de madeira, incluirán un columpio cesta, tamén inclusivo, pensado para pequenos de 2 a 8 anos e con capacidade para 5 usuarios; un xogo resorte para nenos de 2 a 6 anos, para 1 ou 2 usuarios; e dous elementos con tobogáns, un para nenos de 1 a 4 anos con capacidade para 9 usuarios e outro de maior altura, con cuberta e torre para nenos de 4 a 14 anos e capacidade para catro.

O xogo infantil máis novo será un tren de madeira de tres pezas para nenos de 2 a 6 anos e capacidade para acoller ata 15 usuarios. Ademais se pintará unha vía no chan arredor do espazo que ocupa o parque para crear un entorno máis lúdico e atractivo para os máis pequenos.

Limpeza e repintado da media pista de baloncesto e novo chan

Esta intervención inclúe a limpeza da pista de baloncesto que comparte a Praza Vella coa zona infantil e o seu repintado co fin de delimitar o espazo e evitar que a práctica deste deporte invada o parque. Ademais de renovar os elementos e instalar outros novos, o Concello de Ferrol tamén vai actuar no chan, substituíndo o actual por outro novo amortecedor de caucho continuo cun novo cor.