O Concello de Ferrol organiza en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro en Ferrol a actividade ‘Merca no mercado’, unha iniciativa de promoción e divulgación de hábitos de alimentación saudábeis a través da compra de produtos locais.
O obradoiro, que é gratuíto, terá lugar o vindeiro martes, 26 de abril, ás 11.30 horas no Mercado da Magdalena. Nesta actividade vaise abordar a maneira de levar unha alimentación máis saudable, fomentando o consumo de produtos de proximidade e o comercio local. A inscrición pode facerse de maneira telefónica a través do 981 370 003 ou enviando un correo electrónico a: ferrol@contraelcancer.es