Compoñentes do posto da Garda Civil de Ortigueira e do Equipo ROCA de Ferrol procederon á detención de tres homes, de idades comprendidas entre os 38 e 53 anos, veciños de Miño, Ares e Narón, como autores dun delito contra o patrimonio na modalidade de roubo con forza nas cousas.
Os feitos que motivaron a detención tiveron lugar durante a madrugada do pasado martes, día 26, cando unha patrulla de seguridade cidadá da Garda Civil realizaba un dispositivo preventivo de vehículos e persoas para a comprobación do cumprimento das medidas establecidas pola Xunta na protección do covid-19 identificando os ocupantes dun turismo de alugueiro que portaban no maleteiro diverso material eléctrico que fixo sospeitar aos axentes da súa posible procedencia ilícita, motivando a intervención cautelar.
Das xestións realizadas pola citada Unidade púidose pescudar que 5 transformadores eléctricos de intensidade e outros efectos aprehendidos foran subtraídos tras forzar unha caseta dun transformador sita no Polígono Industrial de As Lagoas, en Narón, podendo localizar á empresa propietaria da caseta, con sede nas Pontes, que non tiña coñecemento da subtracción, presentando denuncia e valorando os efectos en 80.000 euros.
A maiores procedeuse á investigación do condutor do vehículo pola non vixencia do seu permiso de condución, debido á perda total dos puntos asignados legalmente. Ademais comprobouse que a un dos tres detidos figurábanlle dúas sinalizacións de procura, detención e comparecencia en dous xulgados de Ferrol. As dilixencias instruídas polas dúas Unidades da Benemérita, xunto cos detidos foron postos ao dispor do xulgado de instrución número 1 de Ferrol, en función de Garda.