Case 20 anos despois, o Rácing está ás portas de volver á Segunda División do fútbol nacional. No estadio da Malata xa soñan co ascenso logo de chegar ao liderado remontando na casa e botando man da canteira.
Quedan dous partidos, e o obxectivo non pode estar máis claro: o ascenso directo. A hostalería, da man das peñas, é quen mellor palpa o ambiente nestas últimas semanas.
Unha ilusión que se nota en toda a cidade departamental, especialmente no barrio de Canido, que pode considerarse case un epicentro de seareiros. Pero o certo é que todos os ferroláns, futboleiros ou non, desexan o mellor para o equipo que ademais xera un sinal de identidade xeracional.
Unha vitoria do Rácing e un empate do Alcorcón daría un ascenso virtual, que non matemático, ao cadro ferrolán.
Na rolda de prensa deste xoves de Jaume Jardí e Jesús Bernal comentaron que o equipo cumplira o de chegar as últimas xornadas cas posibilidades abertas, e que o darían todo no partido deste sábado, que sen dúbida non será fácil.