«Fervenzas de Galicia: un poema visual» A natureza de Mazaricos, presente no FITUR

Unha delegación mazaricá encabezada polo alcalde, Juan Blanco, e o concelleiro de Turismo, Jorge Sanmartín, asiste á Feira Internacional de Turismo FITUR en Madrid promovendo o destino Mazaricos. Este mércores asistiron á presentación de «Fervenzas De Galicia: Un Poema Visual» que trataba dun vídeo sobre os recunchos das Fervenzas galegas máis destacadas, onde se inclúen dúas fervenzas de Mazaricos.

Os representantes mazaricáns establecerán contactos en Madrid con distintos bloggers e profesionais especializados en promoción turística, estando prevista a sinatura de varios acordos neste sentido. Ademais, o Concello de Mazaricos presentará nas súas redes sociais un vídeo de promoción turística local, onde se salienta o espírito rural e acolledor de Mazaricos.

«Dúas das nosas fervenzas, Gosolfre e a Noveira, na presentación de Fervenzas de Galicia, un poema visual en Fitur. Faime sentir moito orgullo este recoñecemento á nosa Ruta Das Fervenzas despois do traballo que levamos a cabo de posta en valor e difusión» comentaba o alcalde Juan Blanco nas súas redes sociais.

Por outra banda, a delegación mazaricá participará en varias presentacións promovidas por entidades turísticas galegas e do ámbito da Costa da Morte.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha