39
- Será o próximo venres, a partir das 17.00 horas, no pavillón municipal
O Concello de Ponteceso organiza para o vindeiro venres, 27 de maio, a clausura do curso das escolas deportivas municipais. Desde as 17.00 horas o pavillón municipal acollerá exhibicións de tiro con arco, judo e danza. Na demostración de patín estará os Peques, Medianos e Grandes 1 e 2 de Ponte e Corme, así como Alicia Facal e Daniela Ures.
Tamén haberá actividades lúdicas como tenis de mesa e inchables, entre outros, para os máis cativos e cativas. O programa finalizará sobre as 21.00 horas.