Festas de Carballo | Gran expectación no ‘Descenso do Anllóns’


Este sábado 25 foi a quenda do ‘Descenso do Anllóns‘, no que había nove embarcacións rexistradas. A organización decidiu acurtar o percorrido para facilitar o descenso dada a escaseza de auga na canle, ao que houbo que colocarlle uns bloques de formigón no seu leito para poder facer unha mínima retención da auga e fose algo navegable. O punto de partida estaba situado no Bosque do Añón, no espazo onde se celebra a Festado Bosque. A saída realizouse ás 18.00 horas. As embarcacións participantes recibiron unha gratificación de 40 euros e optaron, ademais, aos premios que quedaron da seguinte forma:

  • 1º Premio á embarcación máis orixinal: 300 € e bono de 150 € patrocinado por Dequip a gañadora foi «A Revolta»
  • 2º Premio á embarcación máis orixinal: 200 € para «Papá Noelada».
  • 3º Premio á embarcación máis orixinal: 125 € para «Volley Boat».
  • 1º Premio á tripulación máis simpática: 200 € para “Os Desméritos”.
  • Premio ás probas de habilidade: 100 € para “La jaula de los locos”.
  • Premio á embarcación máis veloz: 100 € para “La serpiente y el jeque”.