Filipe VI apela á unidade na Ofrenda ao Apóstolo

1 minutes read

O Rei apelou á solidariedade entre as persoas e territorios de España para minorar o impacto desta crise. «Nesta terra que sempre nos recibe con hospitalidade quero recoñecer o compromiso de Galicia co autogoberno e coa nosa España tan diversa e plural e o pleno desenvolvemento da democracia pese as dificultades dos últimos meses».

Na súa resposta-homilía, o arcebispo de Santiago pediu distinguir o que ocorre buscando a saúde da alma e do corpo e as solucións para reconstruir o tecido económico tendo en conta, afirmou, o ben común. «Apóstolo Santiago, intercede polos nosos gobernantes para que saiban encontrar en diálogo sereno e respectuoso coa verdade solucións aos auténticos problemas que nos preocupan», defendeu Xulián Barrio.

Tamén os aforamentos estarán afectados e impera a distancia de seguridade mesmo para os curiosos que queiran achegarse á zona vella de Santiago para saudar ás súas maxestades.