Filipe VI envía unha mensaxe de ánimo no Día das Forzas Armadas

O Rei mantivo unha videoconferencia con militares españois no exterior e con outros que participaron na operación Balmis de loita contra a covid-19. A pandemia e o loito oficial obrigaron a suspender os actos que se ía desenvolver en Huesca con motivo desta xornada.

Acompañado da ministra de Defensa, Margarita Robles, o Rei enviou unha mensaxe de apoio e de agradecemento aos militares desde a sede do Mando de Operacións, na base madrileña de Retamares: «Somos un gran país que encara sempre de fronte as dificultades, por importantes e graves que sexan, e sábeas vencer. Quero dicirvos tamén que me sinto moi orgulloso da profunda identificación do pobo español coas súas Forzas Armadas, que nesta situación, máis ca nunca, as sentiu como súas e á súa beira».

Foi unha xonada atípica, marcada inevitablemente polas secuelas do coronavirus, e non houbo o tradicional desfile. A conmemoración realizouse por vía telemática e os protagonistas foron militares que están participando en diferentes misións internacionais. Tanto o Rei como Margarita Robles aludiron ao compromiso das Forzas Armadas coa sociedade e o monarca sinalou que son un «motivo de orgullo» polo seu comportamento para facerlle fronte ao coronavirus.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha