O rei Filipe VI ofreceu un discurso televisivo para tratar a actual pandemia de coronavirus, que en España deixou xa ao redor de 600 mortos e máis de 13.000 casos de infección. O monarca quixo agradecer ao persoal sanitario o seu esforzo: «Tedes a nosa maior admiración e respecto, o noso total apoio. Sodes a vangarda de España na loita contra esta enfermidade, sodes a nosa primeira liña de defensa». Igualmente, pediu paciencia e comprensión aos cidadáns: «Sei que é fácil dicilo, e tamén sei que non é nada fácil facelo nestas circunstancias: organizarse cada un no seu traballo, na súa casa, coa súa familia, ou cos seus fillos. Pero é o que debemos facer polo ben de todos. Porque todos e cada un somos parte da solución desta crise».