Filipe VI | “Os principios éticos están por encima dos lazos familiares”

1 minutes read

O rei Filipe VI destacou no seu tradicional discurso de noiteboa que os principios morais e éticos “obrigan a todos sen excepcións” e “están por encima de calquera consideración, mesmo das persoais ou familiares”, nunha alusión velada ás sospeitas de corrupción que pesan sobre o seu pai, Xoan Carlos I. De seguido centrou o groso do seu discurso en insuflar esperanza á cidadanía para afrontar a recuperación con «esforzo, unión e solidariedade, con todos e para todos». Ademais fixo un chamamento á unidade para afrontar a recuperación social e económica tras un ano «moi duro e difícil», cunha lembranza especial a os falecidos por covid-19. Tivo palabras de eloxio para as forzas Armadas, corpos de seguridade e para os sanitarios. Rematou agradecendo as mostras de apoio recibidas nos últimos meses e desexou un novo ano «cheo de esperanza».