Filmado por primeira vez un oso pardo no Macizo Central Ourensán

0 minutes read

Gravárono as cámaras do cineasta compostelán Pela del Álamo. Cámaras de fototrampeo que ten ciscadas por varios puntos da zona dende hai dous anos. Son parte do traballo de elaboración da longametraxe Montaña ou morte, producida por Zeitun Films. Todo indica que despois de anos protexendo este espazo, conseguiuse crear un ambiente adecuado para que un oso pardo queira vivir aquí. Un macho de entre 3 e 5 anos. Un exemplar dunha especie protexida dende hai medio século. Unha esperanza de futuro que pode volver a Galicia.