«Filomena» deixa a súa pegada na Costa da Morte

Estado da estrada á entrada de Ponteceso_GES.

O temporal deixou novamente este sábado temperaturas baixo cero na Costa da Morte. Malia o frío, a neve acóllese moi ben nesta zona, xa que non é algo habitual. Debido ás baixas temperaturas, o xeo vaise manter, pero non se espera que neve moito, xa que malia o frío, vai haber poucas precipitacións. Igualmente a maioría dos concellos van a seguir manténdose alerta, tanto pola neve como repartindo sal para evitar o xeo en estradas e rúas. As agrupacións de Protección Civil así como as policias locais coordinan cos tractores habilitados o reparto de mineral para tratar de aminorar ou suprimir os efectos do temporal.

O xeo impide continuar a un autobús de liña en Vimianzo
Certamente, o xeo está a dificultar a circulación, especialmente por vías secundarias, nas que cómpre extremar a precaución co fin de evitar accidentes. Un condutor de autobús de liña tivo que deter a súa marcha pola AC441, en Baíñas, Vimianzo, ante a imposibilidade de seguir circulando pola presenza de xeo na estrada.

Reparto de sal en Vimianzo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha