42
As autoridades comunitarias determinaron a acollida de 116 inmigrantes que foron rescatados no mar a semana pasada e aos que o Goberno italiano negoulles o permiso de desembarcar en terras da nación transalpina. Unha condición fixada por Matteo Salvini, para permitir que se producise o desembarque. «Alemaña, Portugal, Francia, Luxemburgo e Irlanda, xunto con algunhas instalacións xestionadas por bispos italianos, faranse cargo dos 116 migrantes a bordo deste barco. Levounos varios días persuadilos e espertar as súas conciencias porque todos son moi xenerosos cos portos doutras persoas», declara irónico Matteo Salvini, viceprimeiro ministro e ministro do Interior de Italia.