Fin de curso das escolas municipais de Vimianzo con inchables e churrasco

0 minutes read
  • Celebrouse ás 19:00 horas no pavillón. Tamén houbo exhibicións de patinaxe e tiro con arco

Vimianzo acolleu este venres pola tarde a festa de fin de curso das escolas culturais e deportivas cunha celebración por todo o alto, con churrasco e inchables. Debido ao mal tempo, a animación trasladouse ao pavillón municipal e a churrascada tivo lugar no patio do CEIP San Vicenzo.

Previamente houbo exhibicións das escolas de patinaxe e de tiro con arco.