Fin de semana doce en Vimianzo coa Ruta do Mel

1 minutes read
  • Este domingo os participantes poderán contemplar ata unha ducia de alvarizas situadas no monte Faro

O Concello de Vimianzo celebrará este domingo, 12 de setembro, a derradeira andaina do programa Recunchos 2021 coa Ruta do Mel na que se poderán contemplar ata unha ducia de alvarizas situadas no monte Faro.

Seguindo o curso do rego das Borrallas, de Mourelos e o do Monzo, poderán ser descubertas algunhas destas estruturas que «nalgún tempo fixeron deste monte un dos máis ricos da comarca en produción de mel», aseguran desde o Goberno local.

Durante o percorrido haberá degustación de produtos elaborados con esta substancia doce. Non se recomenda a participación na ruta ás persoas alérxicas ás picaduras de abellas. As inscricións pecharanse este venres e poden facerse efectivas nesta ligazón.