Estamos ante unha fin de semana longa onde as competicións que disputan os diferentes equipos de E.Bm. Xiria estenderanse ata o vindeiro martes 19. Será unha fin de semana con enfrontamentos importantes para os obxectivos dalgúns dos conxuntos do club de Carballo. O destino, sempre caprichoso, quixo axuntar o derbi de categoría senior cos de categorías basee de DH, todos eles fronte ao OAR da Coruña e a domicilio.
Será o enfrontamento de 1ª nacional unha auténtica final para o Calvo Xiria, que acode coa intención de romper a serie de dous partidos sen coñecer a vitoria e desta forma, iniciar o camiño de sete partidos que lles leve a conseguir manter esa segunda praza que lles dá opcións de xogar unha nova fase de ascenso. A tarefa non será fácil, xa que o conxunto herculino reforzouse e de que maneira, contando nas súas filas con xogadores con experiencia en categorías superiores. Un equipo que de comezar a tempada con ese cadro de persoal, aspiraría sen dúbida aos primeiros postos da táboa.
O Calvo Xiria deberá por tanto de recuperarse animicamente nesta semana de adestramentos e prepararse para expoñer de novo o seu mellor nivel defensivo, ese que nos últimos encontros non funcionou e que pode marcar o devir do envite. Doutra banda, o equipo carballés segue co cadro de persoal castigado por lesións importantes, pero tentarán que algúns xogadores poidan achegar naquelas facetas onde a súa doenzas non lles causen problemas. Iago Gómez volverá ao equipo despois da sanción por un partido e volverá formar parella con Antonio Mato, que estivo a un gran nivel na partida fronte ao Carnes Doribeiro. Os dous conxuntos daranse cita o Sábado ás 20:00 h no pavillón S. Francisco Javier.
O Goldie Xiria terá doble traballo nesta fin de semana longa. As carballesas enfróntanse este domingo ás 12:30 ao Saeplast Bm Cañiza a domicilio no partido correspondente á xornada vixésimo terceira da primeira autonómica feminina e o Martes 19 o BM. Caselas no CEIP Fogar as 18:00h. No encontró do Sábado, as de Carballo atoparánse cun equipo novo que basean o seu xogo a través do colectivo, onde as centrais teñen moito que dicir no xogo de ataque. As de Xiria teñen ganas de quitarse a espiña do mal partido disputado en Lalín e viaxan ata Cañiza con ánimo de sorprender ao seu rival e así facerse coa vitoria. Do mesmo xeito, a ilusión e a ambición pasan por conseguir catro puntos nestes dous partidos e despois de tentar traer os dous puntos dende a Cañiza, rematar a faena fronte as de Caselas no día de San José.
Na
DH, os tres conxuntos de Xiria (xuvenil, cadete e infantil) xogará o
Sábado pola mañán en S.Francisco Javier no derbi contra o OAR. Todos os
equipos xogan por cousas importantes e así, mentres os infantís e
xuvenís loitan por conseguir rematar a competición na sexta praza e
eludir a fase de promoción de inicio de tempada, os cadetes farano por
ocupar a millor posición para disputar a fase que da o pase ao
campeonato de España.
Os xuvenís do Laber e máis os infantís do Garaysa, xa foron quen de imporse ao OAR no
encontró de ida, pero desta volta non o terán nada sinxelo, xa que os
coruñeses contan con bos equipos e moita altura nas súas filas. Nas
filas do OAR xuvenil, estará Pedro Pereira, xogador da canteira do Xiria
e que estivo ate o pasado ano nas filas dos de verde. Mentres o Laber
Xiria abrirá a xornada no S. Francisco Javier o Sábado as 10:00h, o
Grupo Lemaco cerrará a mañán co seu partido as 13:00h.
No caso do Grupo Lemaco
cadete e a tan só 3 partidos para o final da división de honra, os
cadetes parten como favoritos neste enfrontamento, pero no poden
despistarse nin pecar de confianza. Nas filas locais está o xogador
carballés Juan Pereira, que garda boas amizades dentro e fóra do 40×20.
Partido con rivalidade, xa que se trata dun derbi, pero que de seguro os
xogadores tratarán de ofrecernos un bo partido de balonmán. Os de
Carballo seguirán traballando con vistas á fase final. Os cadetes
xogarán o Sábado as 11:30 no pavillón S. Francisco Javier.
Os tres equipos terán xornada tamén o martes festivo. Serán os encontros fronte ao Cisne de Pontevedra correspondentes a xornada nº 19, que no seu día aprazárase pola convocatoria do entrenador Adrián Dubra pola RFEBM para acudir como técnico a actividade que dita federación leva a cabo no CAR de Sierra Nevada.
Todos
os encontros xogaranse no pavillón da cidade infantil príncipe Felipe.
Os infantís do Garaysa Xogarán as 10:00h, os cadetes do Grupo Lemaco as
12.45 e os xuvenís do Laber as 11:15. Partidos a priori moi complicados
fronte a un rival que ocupa os postos altos, pero no caso do Grupo
Lemaco e do Laber, xa foron quen de sair gañadores deste enfrontamento
na primeira volta.
No caso das rapazas, o vindeiro sábado o Punta del Este Xiria recibe na casa ao Rasoeiro Conservas Isabel,
o encontro celebrarase ás 12:00 no pavillón da zona escolar CEIP Fogar.
Presentarase un encontro intenso e interesante, xa que na primeira
volta o Punta del Este Xiria estivo ás portas de traer os dous puntos,
pero os descoidos defensivos e o cansazo na metade da segunda parte,
pasáronlles factura que foi aproveitado polas do Rasoeiro que remataron
por levar o partido cun resultado 24-22. Este sábado as do Xiria
volverán a ir con todo e tentar que os dous puntos queden na casa.
Na 2ª división da categoría Infantil Masculino, o Marmolería José Rey Xiria xoga fronte ao Bm Línea 21
a que será a xornada 3 da Fase Final Norte. Os rapaces de Xiria, que
están a demostrar una clara melloría cada semana, queren facer fortes na
casa e conseguir dous puntos fronte os seus rivais da Coruña. O partido
será o Sábado 16/03, 10:30, pavillón Ceip Fogar, Carballo.
Na Liga alevín Bm7, o Metalúrgica BB Xiria volta a competición despois dunhas xornadas sin facelo. Os de Xiria viaxan a Coruña para enfrontarse ao BM. Atlántico, un dos gallitos da competición. O Metalúrgica BB desexa exponer fronte a un rival forte o traballo que se leva facendo durante a semana e mostrar a melloría que se está a ver nos entrenamentos. O partido será o Domingo as 12:00 no pavillón mpal de Perillo, Oleiros.