- As entradas poderán reservarse ata ás 12:00 horas deste venres
O Edificio das Escolas de Ponteceso acollerá este sábado, 14 de novembro, a obra «A compañeira de piso» de Contraproducións Teatro. Esta segunda obra do XXVII Ciclo de Teatro contará cunha función ás 18.30 horas e outra ás 21.00 horas.
O aforo será limitado e as entradas poden reservarse ata o venres, 13 de novembro ás 12:00 horas, a través do número de teléfono 630 907 124. No caso de que sobrasen, os asistentes poderán conseguilas unha hora antes da función no propio edificio.