Fin de semana intensa para os equipos do Balomán Xallas senior

1 minutes read

Os equipos xalleiros están adestrando con dureza para preparar os seguintes partidos oficiais. A pesar do parón ligueiro, o senior femenino, Mantido S. L. Construc. Xallas, xoga en Vigo contra el U. B. Lavadores B no Pavillón das Travesas. Trátase do partido da quinta xornada, adiantado a esta finde de semana. Para a seguinte retoman a competición contra o Cies Obra Civil Chapela fora da casa. En ambos partidos, teñen opcións de conseguir os dous puntos, polo que, se están pulindo os erros que se cometeron no partido contra o Balonmán Calvo Xiria e perfecionando algunas situacións de xogo.

Pola súa banda, o equipo masculino ten descanso na súa competición de Copa. Por iso, o sábado as 18:00 no Pavillón de Fontenla de Santa Comba xogan un amigable contra Parrillada La Ronda Arteixo, rival na competición ligueira. 

A semana está sendo intensa para chegar a competición ligueira nas mellores condicións, pois a copa está servindo para preparar e axustar algún aspectos tácticos. Ademáis, se espera que se recuperen os xogadores lesionados Óscar Aldao e Roi Alfeirán. Tamén, Antón Traba, aínda que a súa lesión de rodilla pode alongar a súa volta os terreos de xogo.