- A actividade contou co financiamento do Fondo Social do Plan Único da Deputación da Coruña
O Concello de Malpica e a Deputación da Coruña despediron este martes unha edición máis do Campamento Urbano 2021, organizado para promover a conciliación da vida familiar e laboral e destinado ás crianzas de 4 a 12 anos. Arredor de 27 nenos e nenas participaron nas actividades desenvoltas do 2 ao 31 de agosto e que ademais contaron co financiamento do Fondo Social do Plan Único da entidade provincial.
O alcalde, Walter Pardo; o tenente de alcalde, Sergio García e a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, acompañaron á rapazada no acto celebrado no patio escolar do CEIP Milladoiro, onde llee entregaron uns obsequios tras a súa participación e bo comportamento.
Dentro da programación do Campamento Urbano Malpica 2021 desenvolvéronse actividades como xogos de presentación e cooperativos, papiroflexia, xogos na praia (participando no XX Concurso de Barcanas e Castelos) ou accións de sensibilización musical e igualdade de xénero.