Este mércores celebrouse a final e a entrega de premios do Torneo de Fútbol de praia no que participaron uns 70 nenos e nenas, durante todo o mes de agosto no concello de Malpica. Os resultados das finais, clasificación e mellores xogadores, foron os seguintes:
A final 2ª de maiores entre “laranxiños” e “galácticos” foi (1-2) mentres que a de peques entre “betis” e “naranja mecánica” dou en empates (1-1) desempatando este último a penaltis.
Na final 1ª de maiores , os gañadores foron “los cojos” a 3 goles fronte os 2 do equipo “merengones”. En canto a final 1ª de peques os resultados foron a (1-0) sendo os vitoriosos “los merengues” fronte a “los jaimitos”
Por outra banda, as clasificación en relación cos equipos, desenvolveuse deste xeito:
5º clasificado: turquesas
Subcampión 2ª división peques: betis
Subcampión 2ª división maiores: laranxiños
Campión 2ª división peques: naranja mecánica
Campión 2ª división maiores: galácticos
Subcampión 1ª división peques: jaimitos
Subcampión 1ª división maiores: merengones
Campión 1ª división peques: merenguitos
Campión 1ª división maiores: los cojos
Por último premiouse aos mellores xogadores e mellores compañeiros os cales se elixiron entre eles, cos seguintes resultados:
Mateo Recarei, mellor xogador na categoría de maiores, e Jaime na categoría de peques.
O premio a mellor compañeiro na categoría de maiores foi para Moises, mentres que na categoría dos peques recaeu en Hugo Rodríguez.