O Posto da Garda Civil de Ordes, co apoio do Equipo de Delincuencia Organizada e Antidrogas da Policía Xudicial da Garda Civil da Coruña, tras varios meses de pescudas policiais iniciadas a finais do 2019, procedeu á detención de 10 membros dun grupo criminal dedicado ao cultivo de marihuana e a súa posterior distribución por diferentes puntos da Comunidade Galega.

Xa o pasado o mes de febreiro se procedeu, na localidade de Culleredo, á detención do principal distribuidor de marihuana que dispoñía o grupo investigado, ao ser interceptado con 1 kg de cogollos de marihuana preparados para a súa venda. Posteriormente, a principios do mes de xullo procedeuse na localidade de Ordes á detención doutra persoa, cando se dispoñía a facer entrega dun paquete que contiña 250 gramos de cogollos de marihuana. O día 28 de xullo dáse inicio á explotación da operación coa detención de 8 membros do Grupo, ao ser sorprendidos in fraganti cando os mesmos dirixíanse a unha antiga nave porcina situada na localidade de Aranga, para proceder ao corte e posterior preparación de 600 plantas de marihuana nun nivel optimo de floración, ambos con antecedentes contra a Saúde Pública na súa modalidade de Tráfico de Drogas. Nesta fase de explotación colaborou un amplo dispositivo policial composto pola Unidade de Seguridade Ciudadadna, Cía de Santiago, Equipo Policía Xudicial de Betanzos e Guía Canino da Comandancia de Pontevedra.

A continuación procedeuse ao rexistro domiciliario dos dous principais investigados nos seus domicilios sitos nas localidades de Cerceda e Vilasantar, e ao rexistro de dúas naves nas localidades de Aranga e Cerceda, dotadas dun sofisticado sistema para o cultivo industrial de plantas de marihuana na súa modalidade indoor. O día 29 de xullo procedeuse á detención da persoa encargada de realizar o puenteado da luz e o seu posterior mantemento das naves situadas en Cerceda e Aranga.
Como resultado da Operación procedeuse á aprehensión dunhas 2.000 plantas de marihuana, 2 quilogramos de cogollos preparados para a súa venda e distribución, 3.210 euros, basculas de precisión, diversos material informático e electrónico, documentación de interese para a investigación e 3 vehículos, así como ao precinto das dúas naves investigadas.

A importancia desta Operación radica en que se golpeou a todos os elos do grupo sendo detidos: o líder, o seu lugartenente, encargados da vixilancia e mantemento das plantas, os denominados xardiñeiros encargados do corte e preparación das plantas e a persoa denominada electricista encargada do puenteado do sistema eléctrico, así como os principais distribuidores dos cogollos de marihuana na súa posterior venda polo miúdo. Así mesmo ao ter dúas naves operativas de maneira permanente asegurábanse unha produción continua, sendo a marihuana cultivada dunha variedade xenética de floración rápida na que estaría na súa óptima maduración aos 50 días da súa plantación, obtendo indicios durante a investigación da produción de polo menos 4 ciclos, o cal ascendería á produción dunhas 8.000 plantas de marihuana durante este ano. Cabe destacar que ata de momento trátase do cultivo de marihuana máis sofisticado achado pola Garda Civil en Galicia. A plantación posuía todo tipo de aparellos da tecnoloxía máis avanzada valorados en máis de 60.000€, como podían ser iluminadores, ventilación, control de humidade, rega automática.

Impútase os seguintes delitos: Delito de Pertenza a Grupo Organizado, Delitos de Tráfico de Drogas, Delitos de Cultivo ou Elaboración de Drogas Tóxicas e Delitos de Defraudación de Fluído Eléctrico así como un Delito Contra a Seguridade do Tráfico ao líder do Grupo, ao conducir un vehículo co permiso retirado por sentenza xudicial. A operación foi dirixida polo Xulgado de Instrución nº4 da Coruña e nela colaboraron diferentes seccións da Garda Civil: USECIC, Patrullas 1º e 3º compañía, Equipo PJ Betanzos e Guía Canino da CMD de Pontevedra.
Fotos.- Garda Civil.