Finalizadas as melloras do firme en Pazos de Arriba, Ponteceso

1 minutes read
  • Actuouse en máis dun quilómetro de pistas, deixando un mellor acceso viario ás fincas da zona

Este venres finalizaron as obras de aglomerado en Pazos de Arriba, Ponteceso. Esta actuación é unha continuación do anterior asfaltado no xardín, e deixa un mellor acceso viario a «ducias de fincas urbanizables e miles de metros cadrados para construír vivendas unifamiliares», sinalan desde o Concello.

O rexedor, Lois García Carballido, e as concelleiras Noelia Varela e Maite Chouciño comprobaron o traballo de apertura de arquetas e levantado de tapas co que se concluíron as obras, que abarcaron 1.2 quilómetros de pistas.

As intervencións consistiron no acondicionamento do pavimento cunha nova capa de aglomerado, así como a mellora da rede de drenaxe coa apertura de cunetas. O proxecto completouse co repintado das marcas viais e a colocación de sinais de circulación.