O obradoiro dual ‘Camiño ao emprego’ rematará no Orbellido, Vimianzo

Concello de Vimianzo

  • Este enclave acollerá unha ruta guiada que dar a coñecer a súa historia

O alumnado do obradoiro ‘Camiño ao emprego’, na especialidade de Promoción turística local e información ao visitante, organizará unha visita guiada polo enclave do Orbellido (Baíñas) o próximo venres 17 de setembro ás 10:30 horas. Esta ruta iniciarase no Centro de Interpretación Encoro da Fervenza, situado na mesma aldea vimiancesa.

Orbellido, a historia somerxida é o título deste percorrido co que se dará a pouco máis da historia do lugar, rememorando e poñendo en valor «as máis antigas tradicións» para poder «apreciar a fermosa arquitectura que caracteriza á zona», sinalan desde o Concello. Tamén estará dispoñible unha actividade de xeolocalización

As prazas para participar en ambas iniciativas serán limitadas e os interesados poderán inscribirse a través dun formulario na web municipal.

Related posts

Zas acolleu a presentación do libro “Que quede entre nós”

O Festival de Humor da Laracha regresará no mes de maio

A parroquia de Carballo cede un local á asociación Un Paso Máis para facilitar a súa actividade social