Finalizan as melloras infraestruturais en Subeiro e na Carballa, en Vimianzo

1 minutes read

Con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña, o concello de Vimianzo vén de realizar estos traballos que consistiron tanto na mellora da estrada que conecta ambos núcleos como na canalización do saneamento e a repavimentación na Carballa, en aglomerado.

En tanto en canto os primeiros, permitiron renovar o firme da plataforma en aglomerado ao longo de 1.050 metros. Executouse unha cuneta en formigón e tres treitos de gabia revestida de seguridade nos interiores das curvas, co obxectivo de garantir unha maior seguridade a aquelas persoas que se despracen pola vía.

Tamén se dispuxeron tres badéns de formigón na intersección de camiños non pavimentados e limpáronse as cunetas para garantir un correcto funcionamento do sistema de drenaxe.

Nestas zonas recuperouse a cota de rasante. Ademais, as cunetas estaban cheas de vexetación, con terra, ramas e pequenas rochas, polo que non cumprían a función de evacuar as augas de choiva. Limpáronse e perfiláronse con motoniveladora para subsanar estas deficiencias.

Por outra parte, repavimentouse a rúa principal do núcleo. Para iso, demoleuse o pavimento existente, pavimentouse con formigón impreso e executouse unha rede de recollida de pluviais e unha preinstalación de recollida de augas residuais.