Finalizan as ‘Xornadas de Turismo Arquitectónico, Patrimonial e Cultural’ de Laxe

Esta fin de semana finalizan as ‘Xornadas de Turismo Arquitectónico, Patrimonial e Cultural’ organizadas polo Concello de Laxe en colaboración coa Deputación da Coruña.

Sábado 26

Igrexa de Santiago de Traba, 17.30 horas. Concerto de Clara Panas.

Domingo 27
Igrexa de Santa María da Atalaia de Laxe, 17:30 horas. Concerto do Coro Infantil Xuvenil Cantabile.

Media hora antes de cada actuación haberá unha charla do mestre de xeografía e historia de Luis Giadás.

CURSOS XADREZ

Por outra banda, este domingo 27 terá lugar a última sesión do curso de xadrez enfocado á iniciación e perfeccionamento do mesmo.

Será en horario de 11:00 a 12:30 horas e de 12:30 a 14:00 horas no local social Valle Inclán.  

Colaboran: Deputación da Coruña e o Club Xadrez Arteixo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha