Finalizaron en Laxe as Xornadas de Turismo Arquitectónico

Esta fin de semana rematou a primeira edición das ‘Xornadas de Turismo Arquitectónico, Patrimonial e Cultural’ que se levan celebrando no municipio de Laxe durante os sábados e domingos deste mes de novembro.

Este domingo foi a última das sesións co concerto do Coro Infantil Xuvenil Cantabile, formado por crianzas e mozos de 8 a 30 anos e dirixido polo profesor de canto e tenor Pablo Carballido del Camino.

A actuación tivo lugar na Igrexa de Santa María da Atalaia de Laxe ás 17:30 horas, cunha charla previa a cargo do mestre en Xeografía e Historia, Luis Giadás.

Estas xornadas foron organizadas polo Concello de Laxe en colaboración coa Deputación da Coruña para poñer en valor a cultura e as igrexas parroquiais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha