Finalizou en Dumbría a primeira Copa de España Loterías de Mushing de terra

Esta fin de semana 9 e 10 de decembro celebrouse en Dumbría a primeira edición da Copa de España Loterías de Mushing terra 2023-24. Tras os excelentes resultados obtidos no mundial IFSS tamén en terra disputado en Ólvega, os mellores mushers españois volveron citarse en terras galegas.

Foi a primeira edición na que esta localidade acolleu unha proba da Copa España Mushing, sendo Galicia unha das comunidades autónomas que ten o mushing como a súa disciplina máis notoria dentro dos deportes de inverno.

Os 179 rexistrados nas disciplinas de Canicross, Bikejoring e Patín/Scooter, competiron nun percorrido máis curto do planeado. A decisión foi tomada polo Delegado Técnico, máximo responsable da proba, debido ás altas temperaturas.

En ambas as xornadas estiveron presentes a choiva e a néboa, o que deu como resultado unha competición en condicións auténticas do mes de decembro nas verdes terras galegas, pero con total seguridade para cánidos e deportistas.

Os resultados completos pódense ver e descargar aquí ou na páxina web da RFEDI.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha