Finalizou o curso de competencias dixitais para mulleres en Ponteceso


Este martes finalizou o curso de competencia dixitais para mulleres no Concello de Ponteceso que se levou a cabo na aula de informática do Centro Cultural. O obxectivo era mellorar as capacidades dixitais básicas para o emprendemento.

En total participaron 15 mulleres as cales adquiriron competencias dixitais como o sistema operativo, o tratamento da información, ferramentas colaborativas, vidoconferencias así como sistemas de seguridade informática.

Este xoves comezan os cursos de “Operario de Almacén” cunha duración de 50 horas que se desenvolverá dende o 9 ata o 23 de marzo e un  curso de “Carretilla Retráctil” que comezará o 27 ata o 31 de marzo. Os cursos levaranse a cabo na aula de informática do Centro Cultural. Estes cursos están dirixidos para persoas en situación ou risco de exclusión social participantes do Equipo Comarcal de Inclusión.