Finalmente, Altri non | A Xunta arquiva o proxecto tras a decisión do Goberno de excluílo da rede eléctrica

O executivo de Alfonso Rueda decidiu denegar a Autorización Ambiental Integrada, indispensable para que o plan seguise adiante. A Xunta toma a súa decisión tras meses de protestas ao redor dun proxecto que concitou unha crítica unánime en ámbitos políticos, sociais e ecoloxistas. O Goberno galego explica a súa decisión apuntando ao executivo de Pedro Sánchez como responsable e argumenta que non se pode autorizar unha industria para a que non hai prevista unha conexión eléctrica que sería indispensable para a súa posta en funcionamento. A Conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, foi a encargada de confirmar a decisión política que arrastra ao caixón o principal proxecto industrial da era Alfonso Rueda á fronte da Xunta: “Procederase ao arquivo formal do expediente de Altri”, sinalou en declaracións aos medios. A decisión pon fin ao maior envurullo social e político no que se involucrou Rueda desde a súa chegada ao cargo. A contestación social ao proxecto converteuse desde hai máis dun ano no único asomo de oposición que ensombrecía a maioría absoluta obtida polo PP nas eleccións de hai agora dous anos.

Related posts

Convocada unha protesta diante do Concello de Coristanco en contra das antenas de telefonía preto das casas

Dous homes entraron nunha vivenda de Ponteceso e déronlle unha malleira ao seu ocupante

A Garda Civil cre que a rotura do carril ou a soldadura foi a causa do accidente de Adamuz