Finlandia estuda a posibilidade de prohibir o visado aos rusos

O goberno finlandés está a recibir unha presión pública e política cada vez maior para que peche a fronteira oriental da UE con Rusia, e poña fin a unha aparente lagoa nas sancións. A mediados de xullo, Rusia relaxou as súas restricións fronteirizas relacionadas co COVID, o que significa que, por primeira vez desde antes da pandemia, os rusos con visados Schengen poden cruzar legalmente a fronteira en autobús ou coche, aínda que teñan prohibido viaxar á UE en avións e trens. No mes de xullo houbo uns 176.000 cruces de fronteira. Iso é moito menos que antes da pandemia, cando había preto de 950.000 cruces en xullo de 2019, con decenas de miles de rusos que viñan cada día. Pola súa banda Moscova «reaccionará de forma negativa» se Helsinqui segue o seu exemplo e suspende tamén os servizos de visado para os rusos, dixo esta semana un portavoz do Kremlin.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha