Finlandia pecha a partir da medianoite deste venres a fronteira a todos os turistas rusos, aínda que teñan o visado expedido nun país do espazo Schengen. O país alega que a súa chegada podería causar un grave prexuízo á posición internacional finlandesa. A medida anunciouse o pasado venres pero non entraba en vigor ata este venres. É por iso que durante estes días segundo a garda de fronteiras máis de 55.000 rusos entraron no país desde que o presidente Putin anunciase a mobilización militar parcial, un 86% máis que a semana anterior. Convértese así no último país comunitario limítrofe que opta por vetar a entrada aos turistas rusos, despois de que fixesen o mesmo Estonia, Letonia, Lituania e Polonia. Coas conexións aéreas e ferroviarias cortadas polas sancións europeas contra Moscova e o veto das nacións bálticas e Polonia, Finlandia era ata o de agora a principal porta de entrada de cidadáns rusos á UE.
38