Finlandia xa é membro da OTAN

1 minutes read

Finlandia converteuse este martes no trixésimo primeiro membro de pleno dereito da OTAN tras culminar o proceso de ingreso solicitado a raíz da invasión rusa de Ucraína, o que implica que o país queda cuberto polo artigo 5 de defensa colectiva da Alianza.

«O que ocorre a partir de agora é que Finlandia estará cuberta polas férreas garantías de seguridade da OTAN», encargábase de lembrar o secretario xeral da mesma, Jens Stoltenberg. «Falo do noso artigo 5, que di que un ataque a un aliado considerarase un ataque a todos. Un para todos, todos para un».

Turquía foi o último dos 30 aliados actuais en ratificar o protocolo de acceso á OTAN de Finlandia, que ingresou soa pola negativa de Ankara de aprobar adhesión de Suecia. De feito, non se esperan avances para Suecia antes das eleccións turcas de maio.

O obxectivo da OTAN é que o país sexa membro de pleno dereito no Cume da OTAN que se celebrará en Vilna en xullo de 2023. A OTAN considera a pertenza de Finlandia como unha vantaxe, pois a diferenza da maioría dos membros da Alianza, non recortou o gasto en defensa tras a Guerra Fría. Conta cun gran Exército ben adestrado e mantivo un alto nivel de preparación.

Rusia advertiu de que reforzará as súas propias forzas ao longo da fronteira finlandesa en caso de despregamento de tropas da OTAN.