FIOT: Jauría foi a obra mellor valorada

A dramaturxia de Jordi Casanovas, foi un dos pratos fortes desta edición do festival, é unha peza de teatro-documento que se basea na transcrición das declaracións da demandante e acusados do xuízo de La Manada. A obra, dirixida por Miguel del Arco, acadou 4,68 sobre os 5 puntos de valoración para as espectadoras e espectadores deste 28ª FIOT, que recoñeceron así o traballo dun reparto encabezado por María Hervás (gañadora do Premio do Público 2018 por Iphigenia en Vallecas) e o galego Martiño Rivas. O galardón supón o compromiso do festival de convidar á compañía gañadora, ou ás e aos artistas responsables do proxecto, a formar parte dunha futura edición do FIOT.

Tras Jauría, a obra máis destacada polo público no Programa de Sala foi a estrea absoluta de O electo, unha coprodución de Contraproducións, Focus e o propio FIOT, que obtivo unha puntuación media de 4,62 puntos. A peza La Golondrina, de LaZona, cun total de 4,61 puntos, completou o podio das tres pezas máis valoradas polas espectadoras e espectadores do Programa de Sala, que acadou un 4,34 de media no total das funcións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha